Retiran unhas 200 pilas que foron arroxadas ao río Ulla desde a ponte de Pontevea

O Servizo Municipal do Concello da Estrada procedeu esta mañá, tras recibir un aviso, á retirada dun vertido dunhas 200 pilas que ao parecer alguén desde a ponte de Pontevea arroxou ao río Ulla, tal e como apunta o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Constenla.

 

O edil fai un chamamento ao civismo, xa que accións tan pouco éticas como esta, poñen en grave perigo as augas fluviais e por suposto, toda a biodiversidade que existen nelas. Por este motivo, tamén se pide a colaboración veciñal para que siga denunciando estes actos e incide na importancia da educación neste ámbito para que a cidadanía sexa consciente das drásticas consecuencias que provoca tirar lixo, sexa en ríos, ou en calquera outra zona indebida. Aínda que calquera tipo de residuo é contaminante, as pilas son uns dos más nocivos, xa  que conteñen metais pesados, é dicir, elementos químicos que polo seu alto peso molecular, non se poden destruír por procesos biodegradables na natureza.

 

pilas rio ulla2

pilas rio ulla

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1