Sanidade e Benestar Social impartirán nos centros de secundaria un obradoiro sobre o mundo dixital

Alumnado de segundo, terceiro e cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Nº 1, do Manuel García Barros, do Antón Losada Diéguez e do CPR Nosa Señora de Lourdes participarán no obradoiro Somerxidos no mundo dixital. Esta iniciativa está organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Sanidade e polo Programa de Educación Familiar da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación. 

 

A actividade está enmarcada nos talleres de Prevención de condutas de risco e no fomento de estilo de vida saudables. O obradoiro levarase a cabo desde mañá, venres día 1, ata o 10 de xaneiro. As sesións, dunha duración de 50 minutos, estarán impartidas por Sara Vierna, educadora social da Universidade da Coruña. Vierna estará acompañada, ben por parte da técnica do Programa de Prevención de Drogodepencias ou ben pola educadora familiar do Concello.

 

Mañá, venres, haberá dúas sesións: a primeira ás 8.45 horas no instituto Nº 1 e ás 13.35 horas no Manuel García Barros. Cada grupo de alumnos participará en tres sesións no período total desta iniciativa.

 

Os obxectivos deste obradoiro son:

__Recoñecer as vantaxes das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs), pero dando a coñecer os seus riscos. 

__Adquirir condutas axeitadas para evitar o abuso de Internet e redes sociais.

__ Distinguir entre uso/abuso, afección e adicción.

__ Fomentar o bo trato nas redes sociais.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1