A Banda de Música Cultural da Estrada conmemora a Santa Cecilia o domingo ao mediodía no Teatro Principal

A conmemoración do Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, continúa esta fin de semana na vila.  Desta volta será a quenda da Banda de Música Cultural da Estrada, que ao final, actuará o domingo, día 3, ás 13.15 horas no Teatro Principal. Baixo a batuta do seu director, Ricardo Oliver Sorera, o concerto estará dividido en dúas partes cun total de oito temas do máis variado.

 

O concerto arrancará coa súa primeira parte coa interpretación das pezas: Fiesta de los Bravos, de James Swearingen, Concierto de Aranjuez, de Rodrigo Bolton e que será interpretado polo solista Diego González, Love Story de Francis Lai & Carl Sigman e a Sinfonía Africana de Van Allen.

 

Xa na segunda parte da actuación o repertorio está formado polos temas: Popeye el marino, de Sammy Lemer, Los Vengadores, de Alan Silvestre e Michael Brow, Y.M.C.A. The village people, de Larry Norred e 76 trombones de Meredith Willson e Naohiro Iwai.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1