O luns póñense á venda as entradas dos espectáculos 100% Burbujas e Tow Sawyer Detective, enmarcados no Outono no Principal

O vindeiro luns, día 27, poñeranse á venda as entradas de dous novos espectáculos enmarcados na programación cultural do Outono no Principal. Serán as referentes a 100% Burbujas de Bubble Factory e a de Tom Sawyer Detective de Cía Lazzygags. Poderanse mercar no departamento de Cultura do Concello (segundo andar) de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, en Ticketea ou na tenda Tiko Doco, situada no número 8 da rúa San Antón da Estrada.

 

O espectáculo familiar de 100% Burbujas será representado o 26 de decembro cun único pase ás 12.30 horas. Bubble Factory está dirixida polo mestre David Vega, sendo considerada como unha das dúas mellores compañías a nivel nacional na arte efémera con pompas de xabón. Posúe, desde hai sete anos, sen que ninguén fose capaz de superalo, o Récord Guinnes á concatenación de pompas de xabón máis longa nunca xamais conseguida.

 

100 % Burbujas conta a historia dun mestre da arte de pombas de xabón, cuxa misión é ir viaxando polo mundo para mostrar a todas as persoas este sorprendente universo das pompas. O profesor irá contando cousas moi interesantes sobre as pompas, desde nocións científicas con moita pedagoxía para todos os públicos, ata momentos poéticos irrepetibles onde se transporta aos espectadores a un mundo moi preto ao dos soños. Todo cunha pequena dose de tolemia desta nova e peculiar personaxe de estraño acento estranxeiro (hai quen di que naceu preto de Moldavia), que conducirá as súas esculturas imposibles dentro dunha fermosa historia teatral con moitísimo encanto e humor. Pompas xigantescas máis grandes que unha persoa, outras máis pequenas que rebotan como se foran de goma, construcións inverosímiles de pompas sobre pompas. Usando aire, auga, lume, fume, vapor de agua, helio, así como unha infindade de artiluxios para fabricar una gran variedade de figuras distintas.

 

Por outra banda, tamén se poñen á venda as entradas do musical familiar Tow Sawyer Detective que terá lugar o 3 de xaneiro, cun único pase, ás 18.00 horas.

 

Baseada no inmortal e celebérrimo texto de Mark Twain é considerada unha obra mestra da literatura. A produtora Lazzygags presenta esta nova versión da historia en formato musical con dirección e libreto de Miguel Agell e cancións orixinais de Marc Sambola e Letras de Lídia Linuesa.

 

Tom Sawyer e o seu amigo Huckleberry Finn vense implicados nun aparatoso caso con diamantes roubados, usurpación de identidades, asasinatos encubertos e falsas acusacións. Coa súa pericia conseguen resolver as leas, sentar as bases dunha sólida amizade, e incluso Tom, nunha aloucada escena final, postúlase como eficaz avogado. Conta cun elenco de artistas procedentes das mellores producións de teatro musical do país.

 

O espectáculo chega por primeira vez a Galicia tras unha tempada con moito éxito no Teatro Regina de Barcelona, onde foi aclamado por máis de 40.000 espectadores, e unha extensa xira por teatros de toda España.

 

Tom Sawyer detective recibiu o premio ao Mellor musical infantil dos Premios del Teatro Musical 2015 outorgados no Teatro Sanpol de Madrid. Este é o primeiro galardón que recibe o espectáculo, despois de ser un dos 10 candidatos (de entre os que se seleccionan os tres finalistas) nas categorías do Mellor espectáculo infantil e Mellor actor de reparto para Xavi Duch aos Premios Max das artes escénicas de 2015.

 

O reparto está encabezado polo actor Bittor Fernández (Tom Sawyer), Marc Udina ou Ferran Rull (Huckleberry Finn), Miquel Agell (Tio Silas, Bandido 1, Brace, Abogado), Marc Gómez (Carteiro, Jake Dunlap, Júpiter Dunlap, xuíz) e Georgina Llauradó ou Anna Alborch (Tia Polly I Sally, Bandido 2, Cherif, Fiscal).

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1