O CIM da Estrada celebra o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con charlas, unha concentración de repulsa e un ciclo de curtas

O sábado, día 25, celebrarase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e o Centro de Información á Muller do Concello da Estrada súmase a esta conmemoración coa organización de diversos actos. Estes teñen como obxectivo concienciar á sociedade para acabar con esta lacra, que no que levamos de ano rematou coa vida de 44 mulleres e 7 nenos, dous deles nos últimos días. A fachada da Casa Consistorial lucirá estes días un cartel de repulsa contra esta problemática.

 

violencia xenero concelloO programa de actividades arrancará o xoves 23 cunha charla na Sala Abanca para explicar, tal e como comenta Margarita de la Calle, directora do CIM, os resultados extraídos dos obradoiros realizados nos dous últimos cursos académicos nos institutos da Estrada, feitos co obxectivo de concienciar aos adolescentes con este tema.

 

O venres, día 24, durante a mañá uns 300 alumnos dos institutos do municipio asistirán a unha charla no Salón de Actos da Academia Galega de Seguridade. “Nela falarase sobre tomar conciencia, da propia violencia de xénero, traballarase sobre estereotipos, abordaranse as posibles manifestacións de violencia que se dan xa entre os adolescentes e todo isto apoiado con vídeos”, apunta De la Calle.

 

Ás 20.00 horas na Praza do Concello haberá, coma todos os anos, unha concentración para recordar as vítimas desta lacra, na que se poñerá un cirio co nome de cada unha das que perderon a vida ao longo deste ano. Seguidamente, lerase o manifesto aprobado polas tres forzas políticas do Concello.

 

Xa pola noite, e tamén o sábado e o domingo, proxectaranse cinco curtas, cunha duración total duns 45 minutos, con entrada de balde ata cubrir o aforo, nos Minicines Central. O venres será as 22.00 horas e o fin de semana ás 17.30 horas.

 

 

 

Relación de cortos

 

Cartel ciclo cortos A Estrada 2017bpeq1. El orden de las cosas. Dirixido por José Esteban Alenda e César Esteban Alenda. Interpretado por Manuela Vellés, Javier Gutiérrez, Mariano Venancio, Biel Durán, Ana Gracia, José Luís Torrijo, Manuela Paso, Junio Valverde.

A vida de Xulia transcorre na bañeira. Gota a gota irá reunindo o valor necesario para cambiar a orde das cosas.

Duración: 19 minutos.

 

2. No aguanto a tus padres. Dirixido por Javier Cano e interpretado por David Bendito e María Zabalza.

David dá explicacións á súa parella sobre por que non quere ir ao aniversario da súa sogra.

Duración: 4 minutos.

 

3. Recursos humanos. Dirixido por Joan Álvarez Lladós. Interpretado por Xavier Pàmies, Rocío Manzano, David Arribas e Ivana Miño.

Un traballador de recursos humanos vai realizar unha entrevista a unha candidata, pero o que para el resulta unha tarefa cotiá, quizais non o sexa esta vez.

Duración: 4 minutos.

 

4. Deazularrojo. Dirixido por Ana Lorenz e interpretado por Ramón Orozco, David Matarín, Nuria Herrero e Rebeca Dato.

Fran ten unha foto e un obxectivo: darlle unha malleira ao mozo que aparece nela.

Duración: 4 minutos.

 

5. Libre directo. Dirixido por Bernabé Rico. Interpretado por Petra Martínez, Ramón Barea, José Antonio Izaguirre e Arantxa de Sarabia.

Un día, a vida dunha muller dá un inesperado xiro: daranlle a oportunidade de lanzar un tiro único desde o medio da cancha nun partido de liga.

Duración: 13 minutos.

 

Os interesados poderán obter máis información sobre estas curtas en www.cortoespana.es

 

Cartel ciclo cortos A Estrada 2017peq

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1