Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica e de gas ás persoas económicamente vulnerables

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada infórmase que ata o vindeiro 15 de decembro poderán solicitarse as Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica e de gas ás persoas económicamente vulnerables.

 

Os requisitos para ser beneficiario son:

 

1.- Que a unidade de convivencia non supere en ingresos o IPREM (6.390,13 €/ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento. ( A estos efectos tomaranse en conta as rendas correspondentes ao exercicio fiscal 2015)

 

2.- Ser titular do contrato de subministración eléctrica.

 

Poderán tramitarse por esta vía un total de dúas facturas por importe máximo de 200 euros.

 

O Concello da Estrada pon á disposición de todas as persoas que reúnan estos requisitos todos os medios posibles a fin de que poidan benenficarse desta axuda.

 

Así, aquelas persoas que o desexen poden obter máis información chamando ao 986 570 030 (extensión 4226) ou nas dependencias municipais no 1º andar.

 

No que vai de ano dende o Concello da Estrada tramitou esta axuda a un total de cincuenta e sete fogares.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1