Uns 20 profesores de distintos centros educativos do municipio encabezarán o desfile da Santa Compaña do venres

A tan só uns días para que arranque o Festival de Cine de Terror Panic estanse cerrando todos os detalles. Como antesala ao maratón de películas de terror, terá lugar a procesión da Santa Compaña que arrancará ás 19.00 horas desde a Praza da Feira. Como novidade, o colectivo que vai encabezar a Santa Compaña este ano será o profesorado dos distintos centros da vila. Serán en torno a unha vintena de docentes e, a organización lembra que as persoas que forman parte da comitiva oficial, ao redor dunhas 30, terán que estar ás 18.00 horas para maquillarse nun set situado na Praza da Feira. No desfile colaborarán varios músicos das distintas agrupacións musicais do municipio que serán os encargados de marcar o ritmo da procesión.

 

Indicar que a xornada comenzará ás 16.30 horas cun taller de maquillaxe na Praza da Feira aberto para todo o público. Tras o fin do desfile, que partirá desde a Praza da Feira ata a Praza do Concello, pasando polas rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez, está previsto que neste último punto actúe o Mago Teto. Seguidamente, tamén na Praza do Concello, haberá chocolatada de balde para todos os participantes.

 

Ás 00.00 horas arrancará o cine de terror nos Minicines Central con entrada gratuíta. 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1