Póñense á venda as entradas de Cenicienta, o musical

Despois da grande aceptación do musical de Carapuchiña Vermella do domingo, que encheu o teatro, hoxe, luns, comezáronse a vender as entradas do musical de Cenicienta previsto para o 24 de novembro ás 20.30 horas. Este musical, da produtora valenciana Eventime, chega a Galicia de xira despois de facer tempada en Madrid e de abarrotar os teatros de toda España. As entradas teñen un prezo de 10 euros.

 

É un espectáculo cunha duración de 70 minutos e está pensado para o goce de toda a familia. Inclúe temas musicais orixinais con sete actores en escena que cantarán en directo. Haberá dez cambios de escenografía e diversos efectos visuais; os personaxes usarán máis de 35 traxes. É un musical didáctico no que haberá interactuacións co público e xogos de participación cos nenos.

 

Tamén están á venda as entradas do espectáculo Cranio privilexiado no que vai supoñer a volta  aos escenarios do dúo cómico Mofa e Befa, prevista para este venres, día 3, ás 21.00 horas. Ten un custe de cinco euros. Ademais, poden mercarse, por tres euros, as do espectáculo Novas Tolemaxias do Mago Teto que será este sábado, día 4, ás 12.30 horas, dentro do ciclo Colorín Colorado.

 

Todas as entradas poden adquirise no departamento de Cultura do Concello, no segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. As de Cenicienta tamén se poden mercar na tenda Tiko Doco, situada no número 8 da rúa San Antón da Estrada.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1