Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará mañá e pasado na Estrada

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia situarase mañá, día 27, e pasado na Praza do Concello. Os interesados poderán doar sangue mañá de 16.00 a 21.00 horas e o sábado de 10.00 a 15.00 horas.

 

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas dez unidades móbiles que percorren os municipios galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécense con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada, a facer fronte ás urxencias.

 

Cada día precísanse unhas 500 doazóns de sangue para axudar a centos de enfermos.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1