O día 31 remata o prazo para solicitar a asistencia técnica gratuíta de Llega 800

O servizo Llega 800 comunica que o vindeiro día 31 finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da Televisión Dixital Terrestre (TDT), polas posibles afectacións ocasionados polos nodos 4G na banda 800 MHz.

 

Desde o inicio da prestación no municipio estradense do servizo de telefonía móbil 4G para solucionar as posibles afectacións ocasionadas na recepción da TDT, a entidade Llega 800 estivo levando a cabo actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

 

De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións no caso de afectacións por parte dos usuarios de TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil. Por este motivo, Llega 800 comunica que xa está a punto de vencer o prazo habilitado de seis meses desde o aceso das estacións no municipio para resolver incidencias e que remata concretamente o 31 deste mes.

 

A entidade informa ademais que é probable que nun futuro se poidan acender novas estacións base de telefonía móbil, na banda de 800 MHz, se así o consideran os operados para mellorar o servizo. Neste caso, atenderíanse outra vez e de maneira gratuíta as incidencias que xurdan, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.

 

Os afectados poderán obter máis información en 900 833 999 ou en www.llega800.com

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1