Climathon Galicia

Únete ao movemento Climathon, actúa en favor do clima! Climathon serve de punto de encontro entre os desafíos climáticos das comunidades e a paixón e habilidade das persoas que queren buscar solucións.

 

Climathon é un hackatón global de 24 horas sobre o Cambio Climático que terá lugar simultaneamente en relevantes lugares ao redor do mundo o próximo 27 de outubro de 2017. Desde Galicia sumámonos para protexer a riqueza natural da nosa terra dos efectos do Cambio Climático. Participas?

 

As túas ideas e inquedanzas poden aportar valor en moitos campos. Estamos ante un reto global no que todos os sectores contan. Climathon é a oportunidade para a participación de todas as persoas para colaborar coa innovación na procura de solucións. Prazo de inscrición ata o 25 de outubro.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1