Para información das parroquias, prema no mapa

Mapa 
da comarca da Estrada AGAR, STA. MARIÑA : Inmersa no Val do Ulla alto e baixo, é un 
espléndido mirador natural do Pico Sacro. AGAR, STA. 
MARIÑA : Inmersa no Val do Ulla alto e baixo, é un espléndido mirador 
natural do Pico Sacro. AGUIÓNS, STA. 
MARÍA : Preto da Ponte Sarandón conta cunha das máis fermosas casas 
solariega da comarca: O Pazo de Preguecido.A parroquia ten seis 
lugares. ANCORADOS, SAN 
PEDRO : Conta cunha igrexa con interesantes restos románicos así como os
 restos do antigo Convento de Sta. Clara. Está composta por oito 
lugares. CASTRO, SAN 
MIGUEL: Conta cunha igrexa do século XII con restos primitivos románicos
 e co castro que lle presta o nome, un dos máis notables cun mirador 
sobre Ulla, fronte ó Pico Sacro e o antigo viaducto do tren.Ten doce 
lugares. ARNOIS, SAN 
XULIÁN: Dignas de visitar a capela da Virxe de Granada e das Neves. 
Forma un fermosísimo val na paraxe ribeireña do Ulla.Ten dezaoito 
lugares. OCA: Famosísima
 por contar co Pazo de Oca, un fermosísimo pazo, coñecido como o 
"Versalles  galego" pola magnificencia dos seus xardíns. LOIMIL: Situada
 no Ulla Alta, conta cunha igrexa románica que conserva unhas trazas sin
 profanar.A porta do muro sur ten un lintel pentagonal.Está formada por 
nove lugares. ORAZO,  SAN 
PEDRO: Famosa polo Castro de Castrovite.Contou en tempos cunha fábrica 
de campás que exportou estas a varias igrexas de Galicia e 
Sudamérica.Ten once lugares. REMESAR: 
Inclinada cara o Val de Ulla, conta tamén con fermosos paisaxes cara 
estas terras.Consta de sete lugares. RIOBÓ, SAN 
MARTÍN: Unha igrexa románica  das máis importantes do Concello.Conta 
tamén co Pazo da Mota, o segundo en importancia tras o Pazo de Oca.A 
parroquia ten nove lugares. ANCORADOS, STO. 
TOMÉ : Igrexa con restos do románico que se calculan no século XII.Ten 
seis lugares. BERRES, SAN 
VICENTE: Cuna de homes  de letras, os Irmáns Valladares, Ken Keirades, 
Martínez Oca, ...Centro da artesanía da madeira e o torneado. Está 
constituida por quince lugares. RIBEIRA, STA. 
MARIÑA: Ten dous  dos máis fermosos cruceiros, un deles cun "Peto 
de Ánimas" situado frente a igrexa.Tamén na parroquia están as 
casas señoriais dos Oteros, Cobián e Luces.Ten once lugares. PARADELA, SANTA
 MARÍA: Recibe a  desembocadura do río Liñares e, no seu límite con 
Santeles, presenta a ponte románica mellor conservada do Concello.Ten 
esta parroquia catro lugares. BARBUDE, SAN 
MARTÍN: Dominada polo Castro de Barbude, en perfecto estado,onde se 
divisa en perfecta panorámica  o norte da Estrada.Formada por catro 
lugares. MOREIRA: Foi 
paso dun Camiño Real. A súa igrexa románica a pesares de que tivo amplas
 remodelacións aínda conserva importantísimos restos románicos.Nela son 
de destacar a sua coleccion de canzorros con figuras humanas, mostros e 
cabezas de animais.Son nove os lugares que compoñen a parroquia. CALLOBRE, SAN 
MARTÍN: Destaca a antiga casa señorial de Valiñas, coa súa capela e no 
xardín unha inmensa sobreira  de varios metros de perímetro RUBÍN, STA. 
MARÍA: Trátase  dunha das feligresías  máis antigas, e hai novas dela 
dende o século XII.Tivo nos seus tempos un forte e unha casa señorial, a
 do Cantón, sede no seu momento do Concello da zona.Tamén tivo unha 
importante feira.A parroquia formanna trece lugares. CURANTES: 
Conta cunha igrexa do século XIX e sobre todo coa tamén perfectamente 
restaurada e coidada "Casa de Recarey" coa súa capela, hoxe 
abandoada.Ten trece lugares. OLIVES: Conta 
co castro de Viladefonso e sobre todo, na súa zona alta, coa Lagoa 
Sacra,fonte tamén de lendas sobre mouros e franceses.Ten esta parroquia 
cinco lugares. LAMAS: 
Parroquia da que é orixinario D. Daniel Varela Buxán, unha das figuras 
do teatro galego.Está composta por oito lugares. PARDEMARÍN: 
Parroquia recostada na falda noroeste da cordilleira de Serride, 
apropiada para caza menor con belísimas vistas ata a zona marítima de 
Pontevedra.Consta de sete lugares. CEREIXO, SAN 
XURXO: Cruce de camiños  cara as terras de Forcarei.O domingo seguinte a
 S. Xurxo celebra a "festa da carne", romaría onde se subastan
 as distintas partes do  porco.Ten esta parroquia sete lugares. LAGARTÓNS: No 
seu campo de Gándaras celebrouse en 1915 unha das primeiras 
concentracións agrarias. Un monolito da época conmemora o feito. VINSEIRO: Ten 
un extenso e fermoso paisaxe dende a zona máis alta da parroquia. GUIMAREI: Moi 
coñecida pola súa Torre-Forte, a Torre de Guimarei, é a supervivinte 
unha vez desaparecida a antiga Torre da Barreira.Ten esta parroquia 
dezaseis lugares. SANTELES, SAN 
XOAN: Parroquia sita  entre o río Ulla polo norte e o Liñares polo 
oeste, tivo unha importante feira no seu tempo, hoxe desaparecida.Está 
composta por quince lugares. CORA, SAN 
MIGUEL: Parroquia ribeireña do Ulla e cercana a Ponte 
Vea.<br>Contan as lendas que estaba comunicada  por un pasadizo 
subterraneo dende unha torre nunha illa do centro do río, co Pico 
Sacro.Ten seis lugares. VEA,  STA, 
CRISTINA: Nesta  parroquia estivo situada en 1840 o cárcere de mulleres.
 Un dos nativos da localidade,D. Manuel Ventura foi secretario da S.S. o
 Papa.<br>Ten quince lugares. COUSO, SANTA 
MARÍA: A súa ponte de traza románica conta con seis arcos.A casa 
solariega das "Pesqueiras" do Conde de Ximonde é un exemplo de
 coidado e restauración.Máis cara abaixo  está o célebre couto 
salmoneiro de Couso cruzado pola súa non menos célebre ponte 
colgante.Ten seis lugares. BARCALA, SAN 
MIGUEL: Ribeireña do Ulla, conta con fermosísimos paisaxes fluviais e o 
Coto Salmoneiro de Sinde.  Tamén as ruinas do muiño das "Pesqueiras
 de Sinde".Ten sete lugares. VEA, SAN XURXO:
 Forma parte das parroquias que compoñen o amplo Val dos Veas. A súa 
igrexa xa foi consagrada no 1161 polo Obispo de Cora. Ten unha pía 
bautismal, o parecer, de orixe románico. Como tódalas parroquias da súa 
beira é de fermoso paisaxe com amplas vistas e terra moi productiva.Está
 composta por dezaseis lugares. BARCALA,  STA. 
MARIÑA: Capela de San Xoan do Caeiro, cun fermoso cruceiro enfrente.Ten a
 parroquia dous lugares. FRADES: O seu 
nome provén de que antigamente residiu alí unha comunidade de frades.A 
súa igrexa e unha verdadeira xoia arquitectonica de comenzos do seculo 
XII.Ten sete lugares. VEA,  STO. 
ANDRÉ: É  a parroquia que abre o Val do Vea polo sur na estrada 
procedente de Cuntis a Ponte Vea camiño de Compostela.Recórrea o 
regueiro chamado Bragada,principio do río Vea afluente do Ulla. No lugar
 do Pazo tivo unha casa o Conde XimondeA parroquia ten doce lugares. BALOIRA: Un 
fermosísimo mirador natural hacia o Val do Vea, Ponte Vea e as terras de
 Compostela. Ten catro lugares. VEA,  SAN 
XULIÁN: A súa igrexa data do século XVI. O seu párroco D.Bernardo de 
Rivas foi fusilado na guerra da Independencia ó facer tañe-las campás 
avisando da chegada do invasor. Os seus lugareños, apostados en Ponte 
Vea, causaronlles numerosas baixas ós franceses.Consta de once lugares. TOEDO, SAN 
PEDRO: Parroquia  que se atopa saíndo da Estrada hacia Santiago.A súa 
construcción maís sobresaínte é unha igrexa con cruceiro á fronte, con 
vista parcial á vila.En terreo da mesma encóntrase o Polígono Industrial
 da Estrada.Ten cinco lugares. MATALOBOS: É de
 destacar un castro con restos de cerámica, que foi fonte de varias 
lendas.Tamén se atopan varias mamoas na zona do Alto da Cruz.Son seis 
lugares os que á compoñen. ESTRADA, A OUZANDE: Igrexa
 románica de importancia, na que se fixo unha espléndida restauración 
recentemente.Dende o seu atrio se divisa unha fermosa paisaxe da 
vila.Ten seis lugares. SOMOZA, SAN 
ANDRES: Parroquia  rodeada polo oeste polas altas montañas do Pedroso ou
 do Pedralba, aberta cara Guimarei, Parada ou Tabeirós hasta Pardemarín,
 a Rocha e San Sebastián.Esta parroquia ten nove lugares. TABEIRÓS, 

SANTIAGO APOSTOL: Antiga capital da zona e tamén antigo Archiprestazgo.A
 súa igrexa conserva unha boa riqueza de arte románica.Foi sede do 
Xulgado e do Concello durante o século XIX. Ten trece lugares. NIGOI: 
Feligresía que data de 1480, conta co castro de Entrecastrelos.Polo seu 
oeste da salida á parroquia de Arca e Souto.Son seis lugares os que a 
compoñen. PARADA, SAN 
PEDRO: Encadrada nun fermoso val entre os montes de Rivela, dende o seu 
castro de Entrecastrelos se divisa o Pico Sacro. RIVELA, STA. 
MARIÑA: Atópase  ó borde do río Umia e conta coa casa señorial dos 
Ballesteros e co conxunto urbano e petreo de Aldea Grande, un dos máis 
fermosos rincóns da zona rural estradense.Ten oito lugares. LIRIPIO: No 
límete con Forcarei, as lendas falan da poder de encantamento das campás
 da súa pequena igrexa. CODESEDA, SAN 
XURXO: A parroquia máis extensa do municipio, nun aberto val de montaña 
cruzado polo Umia que a  dota de numerosos e fermosos rincóns 
fluviais.<br>Conta tamén con importantísimos restos do románico na
 súa igrexa. SABUCEDO, SAN 
LOURENZO: Famosísima por celebrarse nela a "Rapa das Bestas", é
 un pobo de casas e calexas de pedra con construccións de gran tipismo e
 frondosas e coidadas carballeiras. ARCA, SAN MIGUEL
 : Unha das feligresías  máis antigas, recorrida polo río Umia.Lugar de 
pesca de troitas abundante. Ten dez lugares. SOUTO, SAN 
ANDRÉS: Sita cara o suroeste do concello, cara o río Umia, polo norte e u
 oeste, os seus montes acollen ás bestas bravas da "Rapa".O 
seu nome fai alusión a soutos apertados de castiñeiros os seus dous 
derradeiros lugares polo sur,están xa na faldra dos altos montes Cregos,
 tamén recreo de cabalos salvaxes.Está constituida por nove lugares.
VINSEIRO
Ten un extenso e fermoso paisaxe dende a zona máis alta da parroquia.
VEA, STO. ANDRÉ
É a parroquia que abre o Val do Vea polo sur na estrada procedente de Cuntis a Ponte Vea camiño de Compostela.
Recórrea o regueiro chamado Bragada,principio do río Vea afluente do Ulla.
No lugar do Pazo tivo unha casa o Conde Ximonde
A parroquia ten doce lugares.
VEA, SAN XURXO
Forma parte das parroquias que compoñen o amplo Val dos Veas.
A súa igrexa xa foi consagrada no 1161 polo Obispo de Cora. Ten unha pía bautismal, o parecer, de orixe románico.
Como tódalas parroquias da súa beira é de fermoso paisaxe com amplas vistas e terra moi productiva.
Está composta por dezaseis lugares.
VEA, STA, CRISTINA
Nesta parroquia estivo situada en 1840 o cárcere de mulleres.
Un dos nativos da localidade,D. Manuel Ventura foi secretario da S.S. o Papa.
Ten quince lugares.
VEA, SAN XULIÁN
A súa igrexa data do século XVI.
O seu párroco D.Bernardo de Rivas foi fusilado na guerra da Independencia ó facer tañe-las campás avisando da chegada do invasor. Os seus lugareños, apostados en Ponte Vea, causaronlles numerosas baixas ós franceses.
Consta de once lugares.
TOEDO, SAN PEDRO
Parroquia que se atopa saíndo da Estrada hacia Santiago.
A súa construcción maís sobresaínte é unha igrexa con cruceiro á fronte, con vista parcial á vila.
En terreo da mesma encóntrase o Polígono Industrial da Estrada.
Ten cinco lugares.
TABEIRÓS, SANTIAGO APOSTOL
Antiga capital da zona e tamén antigo Archiprestazgo.
A súa igrexa conserva unha boa riqueza de arte románica.
Foi sede do Xulgado e do Concello durante o século XIX.
Ten trece lugares.
SOUTO, SAN ANDRÉS
Sita cara o suroeste do concello, cara o río Umia, polo norte e u oeste, os seus montes acollen ás bestas bravas da "Rapa".
O seu nome fai alusión a soutos apertados de castiñeiros os seus dous derradeiros lugares polo sur,están xa na faldra dos altos montes Cregos, tamén recreo de cabalos salvaxes.
Está constituida por nove lugares.
SOMOZA, SAN ANDRES
Parroquia rodeada polo oeste polas altas montañas do Pedroso ou do Pedralba, aberta cara Guimarei, Parada ou Tabeirós hasta Pardemarín, a Rocha e San Sebastián.
Esta parroquia ten nove lugares.
SANTELES, SAN XOAN
Parroquia sita entre o río Ulla polo norte e o Liñares polo oeste, tivo unha importante feira no seu tempo, hoxe desaparecida.
Está composta por quince lugares.
SABUCEDO, SAN LOURENZO
Famosísima por celebrarse nela a "Rapa das Bestas", é un pobo de casas e calexas de pedra con construccións de gran tipismo e frondosas e coidadas carballeiras.
RUBÍN, STA. MARÍA
Trátase dunha das feligresías máis antigas, e hai novas dela dende o século XII.
Tivo nos seus tempos un forte e unha casa señorial, a do Cantón, sede no seu momento do Concello da zona.
Tamén tivo unha importante feira.
A parroquia formanna trece lugares.
RIVELA, STA. MARIÑA
Atópase ó borde do río Umia e conta coa casa señorial dos Ballesteros e co conxunto urbano e petreo de Aldea Grande, un dos máis fermosos rincóns da zona rural estradense.
Ten oito lugares.
RIBEIRA, STA. MARIÑA
Ten dous dos máis fermosos cruceiros, un deles cun "Peto de Ánimas" situado frente a igrexa.
Tamén na parroquia están as casas señoriais dos Oteros, Cobián e Luces.
Ten once lugares.
RIOBÓ, SAN MARTÍN:
Unha igrexa románica das máis importantes do Concello.
Conta tamén co Pazo da Mota, o segundo en importancia tras o Pazo de Oca.
A parroquia ten nove lugares.
REMESAR
Inclinada cara o Val de Ulla, conta tamén con fermosos paisaxes cara estas terras.
Consta de sete lugares.
PARDEMARÍN
Parroquia recostada na falda noroeste da cordilleira de Serride, apropiada para caza menor con belísimas vistas ata a zona marítima de Pontevedra.
Consta de sete lugares.
PARADELA, SANTA MARÍA
Recibe a desembocadura do río Liñares e, no seu límite con Santeles, presenta a ponte románica mellor conservada do Concello.
Ten esta parroquia catro lugares.
PARADA, SAN PEDRO
Encadrada nun fermoso val entre os montes de Rivela, dende o seu castro de Entrecastrelos se divisa o Pico Sacro.
OUZANDE:
Igrexa románica de importancia, na que se fixo unha espléndida restauración recentemente.
Dende o seu atrio se divisa unha fermosa paisaxe da vila.
Ten seis lugares.
ORAZO, SAN PEDRO
Famosa polo Castro de Castrovite.
Contou en tempos cunha fábrica de campás que exportou estas a varias igrexas de Galicia e Sudamérica.
Ten once lugares.
OLIVES
Conta co castro de Viladefonso e sobre todo, na súa zona alta, coa Lagoa Sacra,fonte tamén de lendas sobre mouros e franceses.
Ten esta parroquia cinco lugares.
OCA:
Famosísima por contar co Pazo de Oca, un fermosísimo pazo, coñecido como o "Versalles galego" pola magnificencia dos seus xardíns.
NIGOI
Feligresía que data de 1480, conta co castro de Entrecastrelos.
Polo seu oeste da salida á parroquia de Arca e Souto.
Son seis lugares os que a compoñen.
MOREIRA
Foi paso dun Camiño Real.
A súa igrexa románica a pesares de que tivo amplas remodelacións aínda conserva importantísimos restos románicos.
Nela son de destacar a sua coleccion de canzorros con figuras humanas, mostros e cabezas de animais.
Son nove os lugares que compoñen a parroquia.
MATALOBOS
É de destacar un castro con restos de cerámica, que foi fonte de varias lendas.
Tamén se atopan varias mamoas na zona do Alto da Cruz.
Son seis lugares os que á compoñen.
LOIMIL:
Situada no Ulla Alta, conta cunha igrexa románica que conserva unhas trazas sin profanar.A porta do muro sur ten un lintel pentagonal.
Está formada por nove lugares.
LIRIPIO
No límete con Forcarei, as lendas falan da poder de encantamento das campás da súa pequena igrexa.
LAMAS
Parroquia da que é orixinario D. Daniel Varela Buxán, unha das figuras do teatro galego.
Está composta por oito lugares.
LAGARTÓNS
No seu campo de Gándaras celebrouse en 1915 unha das primeiras concentracións agrarias. Un monolito da época conmemora o feito.
GUIMAREI
Moi coñecida pola súa Torre-Forte, a Torre de Guimarei, é a supervivinte unha vez desaparecida a antiga Torre da Barreira.
Ten esta parroquia dezaseis lugares.
FRADES
O seu nome provén de que antigamente residiu alí unha comunidade de frades.A súa igrexa e unha verdadeira xoia arquitectonica de comenzos do seculo XII.
Ten sete lugares.
ESTRADA, A
CURANTES
Conta cunha igrexa do século XIX e sobre todo coa tamén perfectamente restaurada e coidada "Casa de Recarey" coa súa capela, hoxe abandoada.
Ten trece lugares.
COUSO, SANTA MARÍA:
A súa ponte de traza románica conta con seis arcos.
A casa solariega das "Pesqueiras" do Conde de Ximonde é un exemplo de coidado e restauración.
Máis cara abaixo está o célebre couto salmoneiro de Couso cruzado pola súa non menos célebre ponte colgante.
Ten seis lugares.
CORA, SAN MIGUEL
Parroquia ribeireña do Ulla e cercana a Ponte Vea.
Contan as lendas que estaba comunicada por un pasadizo subterraneo dende unha torre nunha illa do centro do río, co Pico Sacro.
Ten seis lugares.
CODESEDA, SAN XURXO
A parroquia máis extensa do municipio, nun aberto val de montaña cruzado polo Umia que a dota de numerosos e fermosos rincóns fluviais.
Conta tamén con importantísimos restos do románico na súa igrexa.
CEREIXO, SAN XURXO
Cruce de camiños cara as terras de Forcarei.
O domingo seguinte a S. Xurxo celebra a "festa da carne", romaría onde se subastan as distintas partes do porco.
Ten esta parroquia sete lugares.
CASTRO, SAN MIGUEL:
Conta cunha igrexa do século XII con restos primitivos románicos e co castro que lle presta o nome, un dos máis notables cun mirador sobre Ulla, fronte ó Pico Sacro e o antigo viaducto do tren.
Ten doce lugares.
CALLOBRE, SAN MARTÍN
Destaca a antiga casa señorial de Valiñas, coa súa capela e no xardín unha inmensa sobreira de varios metros de perímetro.
BERRES, SAN VICENTE:
Cuna de homes de letras, os Irmáns Valladares, Ken Keirades, Martínez Oca, ...
Centro da artesanía da madeira e o torneado.
Está constituida por quince lugares.
BARCALA, STA. MARIÑA
Capela de San Xoan do Caeiro, cun fermoso cruceiro enfrente.
Ten a parroquia dous lugares.
BARCALA, SAN MIGUEL
Ribeireña do Ulla, conta con fermosísimos paisaxes fluviais e o Coto Salmoneiro de Sinde.
Tamén as ruinas do muiño das "Pesqueiras de Sinde".
Ten sete lugares.
BARBUDE, SAN MARTÍN
Dominada polo Castro de Barbude, en perfecto estado,onde se divisa en perfecta panorámica o norte da Estrada.
Formada por catro lugares.
BALOIRA
Un fermosísimo mirador natural hacia o Val do Vea, Ponte Vea e as terras de Compostela.
Ten catro lugares.
ARNOIS, SAN XULIÁN:
Dignas de visitar a capela da Virxe de Granada e das Neves.
Forma un fermosísimo val na paraxe ribeireña do Ulla.
Ten dezaoito lugares.
ARCA, SAN MIGUEL:
Unha das feligresías máis antigas, recorrida polo río Umia.
Lugar de pesca de troitas abundante.
Ten dez lugares.
ANCORADOS, STO. TOMÉ
Igrexa con restos do románico que se calculan no século XII.
Ten seis lugares.
ANCORADOS, SAN PEDRO
Conta cunha igrexa con interesantes restos románicos así como os restos do antigo Convento de Sta. Clara.
Está composta por oito lugares.
AGAR, STA. MARIÑA
Inmersa no Val do Ulla alto e baixo, é un espléndido mirador natural do Pico Sacro.
AGUIÓNS, STA. MARÍA
Preto da Ponte Sarandón conta cunha das máis fermosas casas solariega da comarca: O Pazo de Preguecido.A parroquia ten seis lugares.